O noso
equipo

 

Daniel Mouriño Fortes

Daniel Mouriño Fortes

Cofundador e adestrador de Sincronía Motriz.
Licenciado en Educación Física pola Universidade de Coruña (número de colexiado 8420).
Mestre Especializado en Educación Física pola Universidade Pontificia de Salamanca.
Experto Universitario en Deportes Cíclicos.
Curso de posgrao en Preparación Física (Universidade de Coruña).
Adestrador Superior de Tríatlon.
Adestrador Superior de Natación.
Técnico e profesor en Salvamento Acuático e Socorrismo.
Monitor de Actividade Física e Lecer para a Terceira Idade (Comité Olímpico Español).

Actúalmente profesor en Educación Física en ensino secundario obrigatorio.
Asesor en deportes cíclicos (natación, tríatlon, ciclismo, remo, raids e atletismo). Adestrador do Club Atletismo Porriño e do Club Atletismo Tui.

Nas antípodas das modas, Dani é un artesán do movemento. Experiencia e coñecemento para descifrar as necesidades de cada corpo.

Número de colexiado: 8420 

Daniel Mouriño Fortes

José Ángel Navarro (Nava)

Nava é cofundador, xestor e adestrador en Sincronía Motriz.
Técnico Superior en Animación de Actividades Físico Deportivas.
Certificado MTC (Movement Trainer Course), 22° edición Máster Fidias en Adestramento Persoal.
Cursos de especialista Fidias en «Prevención e recuperación de lesións de xeonllo», «Prevención e recuperación de lesións de cadeira», «Prevención e recuperación da dor anterior do ombreiro», «Optimización do adestramento, aprendizaxe e rendemento».
Certificado como Instrutor de Matwork en Peak Pilates Internacional, Barcelona 2017.
Adestrador de Natación Nivel I, pola Federació Catalana de Natació.

Despois vivir en Barcelona e traballar como monitor e adestrador no Club Natació Sant Andreu, en 2018 decidiu regresar a O Porriño para emprender un proxecto co seu amigo Daniel Mouriño, un soño que se fai realidade con Sincronía Motriz.
Apaixonado do deporte e a natureza, friki do movemento.

Daniel Mouriño Fortes

Isaac Marín

Fisioterapeuta en Sincronía. Leva exercendo desde 2014, con experiencia en traumatoloxía, reumatoloxía, ATM (mandíbula), cefaleas e fisioterapia deportiva. Graduado en Fisioterapia pola Universidade de León e Máster Propio en Técnicas Osteopáticas do Aparello Locomotor pola Universidade Pontificia de Salamanca.

Inicia o seu proxecto profesional por conta propia en 2018, enfocando o seu traballo na terapia manual e o tratamento activo. Durante o achegamento a este segundo enfoque, coñece ao equipo de Sincronía Motriz, co que coincide, en gran medida, na súa forma de concibir a saúde a través do movemento. Xuntos comezan unha nova andaina compartindo obxectivos e unindo forzas.

Número de colexiado: 2698
Rexistro sanitario: C-36-002978
 

Sincronía Motriz

Rúa Codesal, n°14 baixo
O Porriño, CP 36400 (Ver mapa)
E-mail: sincroniamotriz@gmail.com
Teléfono: 666 382 629
Teléfono (fisio): 698 170 224

© 2021 Sincronía Motriz | Todos os dereitos reservados | Deseñada por 3Doc con amor!

Abrir chat
1
Falamos?... 💬
Ola 👋, en que podemos axudarche?