Normas do Centro

Normativa

Para un correcto e ordenado funcionamento do centro, establécense unha serie de normas a seguir, tanto polo cliente/a como polo persoal do centro. Ditas normas serán de obrigado cumprimento para todas as partes. A matrícula en Sincronía Motriz implica a aceptación dos seguintes puntos:

Tarifas curso 2024-2025
  • Valoración de patróns de movemento: 80 €/sesión
  • Sesión individual ou duo: 50 €/sesión
  • Bono 5 sesións individuais: 200 €
  • Bono 10+1 sesións individuais: 385 € (unha sesión de agasallo)
  • Grupos reducidos, 1 sesión semanal: 55 €/mes
  • Grupos reducidos, 2 sesións semanais: 100 €/mes

Estas tarifas aplicaranse a partir do mes de setembro de 2024.

Calendario laboral

Sincronía Motriz réxese polo calendario laboral do Concello do Porriño. As festividades locais, autonómicas e nacionais NON serán recuperables.

Sincronía Motriz permanecerá pechada por vacións durante o mes de agosto.

Horarios e recuperación das clases

O horario das sesións será o establecido no momento de formalizar a matrícula, salvo acordo polas dúas partes.

As sesións empezan cinco minutos despois da hora en punto e finalizan 5 minutos antes da mesma, para evitar aglomeracións e reunións nos espazos de recepción e cambiador.

As sesións ás que non asista o/a cliente/a por motivos persoais, NON serán recuperables. As sesións que se cancelen por parte de Sincronía Motriz, serán recuperables en data e horario a concertar entre o centro e os/as afectados/as.

Excepcionalmente, e sempre cun aviso previo de polo menos 48 horas por parte do cliente/a, Sincronía Motriz tentará ofrecer unha alternativa para recuperar a clase perdida a aquelas persoas que por algún motivo concreto non poidan asistir a unha sesión concertada. Esta medida sempre será de carácter extraordinario e está suxeita á dispoñibilidade de axenda. O aviso con antelación das ausencias é o que nos permite a recolocación puntual dalgunha outra persoa, lembra avisar con antelación para dispoñer desta posibilidade.

Formas de pago

Sincronía Motriz establece como formas de pago: transferencia bancaria (ES95 0081 0492 4900 0157 7264) e pago en efectivo. O pago mensual realizarase entre o día 1 e o 5 do mesmo mes, nunca a mes vencido.

No caso de acumular dous meses de falta de pagamentos, a reserva de sesión queda automaticamente anulada, a dirección poderá facer uso desa hora sen aviso previo.

Baixas de clientes/as

O/a cliente/a comunicará a baixa avisando á dirección do centro antes do día 25 do último mes que vaia a asistir a clase. As sesións individuais e dúo poderán anularse a condición de que se comunique con polo menos 24 h de antelación.

Uso da sala

O calzado de rúa non poderá usarse na sala. Normalmente traballamos descalzos.

Os espazos de recepción e cambiador permaneceran en todo momento ordenados.

O cambiador usarase única e exclusivamente para o cambio de vestiario entre sesións, deixándoo libre de roupa e calzado mentres se realiza a sesión de adestramento. Lembrade que a seguinte quenda tamén necesitará usalo e terá que atopalo dispoñible.

.

Sincronía Motriz

Rúa Codesal, n°14 baixo
O Porriño, CP 36400 (Ver mapa)
E-mail: sincroniamotriz@gmail.com
Teléfono: 687 202 929
Teléfono (fisio): 698 170 224

© 2021 Sincronía Motriz | Todos os dereitos reservados | Deseñada por 3Doc con amor!

Abrir chat
1
Falamos?... 💬
Ola 👋, en que podemos axudarche?